Isao Tomita no seu estudo. |
Novo especial de Diálogos 3. Nesta ocasión, segunda metade do especial adicado aos inicios da música electrónica, un programa emitido o 2 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista nipón ISAO TOMITA.
Se na primeira metade deste especial falamos dos instrumentos, nestoutra nos centraremos nos artistas até dar co noso protagonista desta entrada/programa, Isao Tomita.
En 1970, na Alemaña, Ralf Hutter e Florian Schneider, fundan Kraftwerk; ámbolos dous se coñeceran dous anos antes estudando música clásica no conservatorio de Dusseldorf. Nacen cunha visión urbana e industrial do mundo que os rodea, nun contexto de espectacular desenvolvemento industrial e de infraestruturas: rañaceos, autoestradas, electrodomésticos... A música tecno vén sendo o folk urbano, o contemporáneo latexo da urbe.
Na mesma Alemaña Edgar Froese, Christopher Franke e Steve Schroyder, forman Tangerine Dream [TD], que editan o álbum Alpha Centauri [1971] nunha época onde o impacto da carreira pola conquista do espazo protagoniza o panorama músical e a sociedade en xeral. Pola súa banda, Conrad Schnitzler abandona TD para regresar por un tempo a outra das bandas seminais da nova música, Cluster, da que pronto sairá para iniciar a súa carreira en solitaro. Klaus Schulze tamén abandona TD e funda Ashra Tempel. Todas estas bandas se engloban dentro da etiqueta krautrock [ou kosmiche musik] xurdida na Alemaña Occidental a finais dos 60, un subxénero do chamado rock progresivo, con moita máis ambición creativa e de matiz contracultural.
Os 60 foron anos convulsos e revolucionarios. Na Alemaña uns poucos visionarios deciden crear unha identidade social e cultural propia, alonxada tanto da influencia británica coma da falsa identidade alemá creada polas potencias vencedoras na II Guerra Mundial [URSS, EEUU, Inglaterra e Franza], que impuñan unha lei de silencio que borraba da memoria colectiva calquer feito anterior ao 1945. Nese contexto xurde un dos movimentos musicais máis revolucionarios [estética e políticamente falando] da historia da música "popular", o krautrock. Aqueles xóvenes intrépidos alemás non podían imaxinar que acabarían sendo o xérmolo da "deslavazada" e "hedonista" música electrónica dos nosos días, coma tampouco imaxinan, quen hoxe a disfrutan, que nos seus alicerces están as comunas libertarias de Munich do 1968.

Estes novos músicos usaban elementos do rock sicodélico, experimentaban con "collages" de sons e efectos xurdidos dos novos instrumentos electrónicos, improvisaban, creaban atmósferas, incorporaban elementos da música clásica contemporánea [música concreta] ou mesmo filtreaban co minimalismo da primeira xerazón [La Monte Young], free jazz, avantgarde ou a música oriental.
As bandas daquel krautrock eran ben diversas. Mentres Tangerine Dream realizaban musica planeadora ou space rock, Faust e Kraftwerk exploraban sons máis industriais. Pola súa banda, Cluster [Moebius, Roedelius, Brian Eno] e Popol Vuh, facían unha aproximación ao ambient, que chegada a década dos 80 se popularizou coma New Age. Outras bandas coma Agitació Free, experimentaban con jazz e elementos etnicos.
Naquel movimento krautrock, distinguimos dúas escolas, así chamadas:
1. A Escola de Berlín, refírese ao cenario musical na cidade de Berlín Occidental. Entre os músicos máis influintes estaban: Klaus Shculze, Tangerine Dream e Ash Ra Temple. Téndese a identificala coa kosmiche music [música cósmica, planeadora].
2. A Escola de Düsseldorf, referida ao cenario musical en Düsseldorf. O seu estilo se caracterizaba polas melodías sintetizadas e rítmicas liñas de baixo, acompañadas de prominentes percusións electrónicas. As voces eran escasas, sendo pezas fundamentalmente instrumentais. Bandas coma Kraftwerk, Cluster, Can e Neu formaban parte daquel cenario.
O certo é que a popularidade do krautrock foi alta entre os críticos e público underground, mais para o público xeral do momento foi escasa. Agora ben, nos seguintes anos bandas de todo o mundo se verían influenciadas por aquelas formacións pioneiras alemás, recreando, remisturando ou re-inventando aqueles estilos.
De volta a carreira artística dos protagonistas deste momento dóce da "nova música", atopamos a Klaus Schulze, que abandona a banda TD e comeza a súa andaina en solitario co álbum Irrlicht [1972], unha impresionante sinfonía electrónica que ten o mérito de estar composta a partir dun único sintetizador, o Synthi AKS.

En Inglaterra, Pink Floyd están nunha das fases máis cósmicas, co seu album Meddle [1971].
En Grecia, un músico chamado Evángelos Odiseas Papathanassiou, máis coñecido coma Vangelis, se atopa nunha etapa de transición decisiva na súa carreira musical. A banda Aphrodite´s Child disólvese, tras o álbum con referencias bíblicas e pasaxes altamente experimentais 666 [1972], donde o músico Vangelis asume a composición. Desta época é o seu álbum en solitario, fantastica BSO da serie documental adicada ao reino animal, L´Apocalypse des Animaux [1973].
Estamos nos primeiros anos 70. A música electrónica aínda se relaciona coas "viaxes" lisérxícas da LSD e alucinacións de combatentes da Guerra do Vietnam. Mais todos aqueles primeiros instrumentos electrónicos están a punto de se estender aos xéneros máis populares da música: o rock e o pop. Bandas coma Yes, Génesis e Jan Hammer, comezan a incorporalos nas súas gravazóns e directos...
Na URSS, Eduard Artemiev prosegue a súa innovadorda carreira musical, con traballos coma a BSO de Solaris [1968]. Pese ao telón de silencio da época, artistas da Europa do leste comezan a darse a coñecer ao outro lado do telón de aceiro: o polaco Marek Bilinsky, o iugoslavo Laza Ristovski, o alemán oriental Rainer Oleak, e os húngaros Petr Hapka, Gabor Pressor e Laszlo Benko.
Daquela, a tecnoloxía en materia de instrumentos electrónicos avanza de maneira significativa en apenas un par de anos e segue a popularizarse o seu uso en bandas que pouco o nada tiñan que ver con aquel incipente movimento das formacións pioneiras. Un exemplo é o do grupo folk-rock norteamericano, Creadence Clearwater Revival, quen publica algunhas pezas con rasgos inusuais, caso da titulada Pendulum [1970], de carácter experimental.
Volvendo á Alemaña, Kraftwerk comeza a ter éxito, coa publicación do álbum Autobahn [1974] un canto ás autoestradas, que dá a coñecer o tecno en Europa. Nel, cantan ao través dun prototipo de vocoder construído especialmente para eles, como moitos dos instrumentos que utilizan. Se Tangerine Dream popularizaron o secuenciador, na confección de complexos ritmos, Kraftwerk popularizaría o vocoder, logrando voces metálicas que semellan proceder dun robot. O certo é que o vocoder foi inventado nos anos 30 e non tiña na súa orixe aplicacións musicais, senón militares, como codificador/decodificador de voz, para enmascarar ou desenmascarar conversacións telefónicas, coma una parte máis do sistema de "Intelixencia Aliada" durante a II Guerra Mundial.
Tangerine Dream editan o seu estupendo album Rubycon [1975], donde Chris Franke toma un papel relevante na composición. La banda inicia una exitosa xira por Europa, durante a que se crea un dos pilares da nova música eletrónica, o álbum Ricochet. Un alarde de complexidade rítmica coma non se oira até daquela. Pola súa banda o ex TC, Edgar Froese, publica Epsilon in the Malaysian Pale [1975], un complexo e innovador traballo.

A finais dos setenta Conrad Schitzler, colleita un grande éxito co seu Super Sound Single [1980], traballo que augura un brilante porvir á música electrónica máis aló da experimentación e "pirotécnia", ou mesmo fascinación, dos primeiros momentos.
Deixamos a Alemaña sen marchar de mediados dos 70. En Italia, autores coma Giuliano Sorgini son pioneiros nunha música totalmente electrónica para bandas sonoras de películas de terror.
En Grecia Vangelis crea o estudio de gravación Nemo Studios que dará forma a algunha das súas mellores produzóns, o álbum Heaven and Hell [1975], unha das obras mestras da nova música electrónica, onde os aspectos épicos e místicos son os protagonistas, lonxe da oleada cósmica e planeadora do krautrock alemán. Unha proba sonora de que a música electrónica non é sinónimo de frialdade e robótica, se cadra, pode transmitir emocións e sentimentos en igualdade de condicións ca unha orquestra tradicional acústica, coa particularidade de poder crear novos sons e ambientes, coa axuda da tecnoloxía, de aí a consideración de "nova música" cando falamos deste apaixoante periodo da música contemporánea máis "popular".
E chegamos ao Xapón, donde un tal Isao Tomita segue as pegadas de Wendy Carlos adicándose inicialmente a facer versións electrónicas de pezas do repertorio clásico, substituíndo a orquesta acústica polos novos instrumentos electrónicos.
Isao Tomita nace en Tokio o 22 de abril de 1932 e pasa a súa primeira infancia en China. De volta a Xapón, inicia as súas primeiras clases privadas de orquestración e composición mentres estudia historia da arte na universidade. Gradúase en 1955 e convírtese en compositor para series de TV, cinema e teatro. Para os Xogos Olímpicos de Autralia, en 1956, compón música para a equipa ximnástica nipona.
A finais dos 60, fica fascinado cos primeiros álbumes de Walter [Wendy] Carlos, donde este interpreta música clásica cun sintetizador Moog. Tomita, non dubida en mercar un Moog III e comeza a montar o seu propio estudio doméstico. As súas primeiras pezas son arranxos para sintetizador de obras do compositor francés do XIX, Claude Debussy. De aí resulta o álbum Snowflakes are Dancing [1974], que se convirte en grande éxito. A versión, nel contida, do Arabesco nº 1, se utiliza na serie de TV de divulgación astronómica Star Hustler. No Estado español, nos anos oitenta, o súa versión do Arabesco nº 1 forma parte da cabeceira do extraordinario programa de TVE El Planeta Imaginario, un xenial programa, cuxo innovador formato ficou na memoria de toda unha xerazón.
Nese mesmo ano, 1974, Tomita, compón a música para o filme nipón Last Days of Planet Earth. Naqueles anos utiliza a técnica denominada klangfarbenmelodie, ao usar voces sintetizadas. Os seus seguintes traballos serán de novo arranxos dos seus clásicos favoritos, The Firebird [1975] de Igor Stravinski, Pictures at an Exhibition [1975]de Mussorgsky, ou The Planets [1976] de Gustav Holst.
En 1998 compón unha fantasía sinfónica híbrida para osquestra e sintetizador titulada The Tale of Genji, inspirada nunha historia xaponesa homónima. Dita partitura, orixinal de Tomita, foi interpretada por orquestras tradicionais en Tokio, Los Ángeles e Londres. En 1999 publicouse en CD a gravazón en directo dun daqueles concertos, seguida dunha versión xa de estudio, para sintetizadores, no ano 2000. A súa partitura para sintetizador gañou o premio da Academia Xaponesa en 2003 en recoñecementos aos logros acadados na música. A obra musical de Isao Tomita é numerosa e pode consultarse neste enlace.
Regresamos ao planeta terra. Diálogos 3, Radio 3. Segunda metade do especial dos "Inicios da Música Electrónica" [Isao Tomita]. Conduce: Ramón Trecet.
- http://es.wikipedia.org/wiki/Isao_Tomita
- http://artcontext.com/artskool/jem/itc.html
- http://notoquesmassam.blogspot.com.es/2012/02/krautrock-rebirth-of-germany.html
Outros enlaces interesantes:
- http://www.scannerfm.com/actualidad/%C2%BFque-es-el-krautrock/
- http://www.scannerfm.com/especial/krautrock-music-for-your-brain/
- http://www.scannerfm.com/especial/krautrock-abre-tu-mente-y-ii/
- http://www.audionautas.com/2011/03/krautrock-rebirth-of-germany.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por tus comenarios!!