venres, 21 de outubro de 2016

Diálogos 3 - Especial Astor Piazzolla

Astor Piazzolla

Novo especial de Diálogos 3 emitido nos primeiros anos noventa en Radio 3 (RNE). Nesta ocasión un monográfico adicado ao bandoneonista e compositor arxentino ASTOR PIAZZOLLA (Mar del Plata, 11 de marzo de 1921 - Bos Aires, 4 de xullo de 1992), un dos músicos máis destacados do século XX. 

Fonte sonora: como de costume, arquivo sonoro do Pequeno Monstro.

As verbas coas que o condutor do espazo, Ramón Trecet, introduce este especial, son as seguintes:

"Braman desde sus cuevas cadenciosos y brutales. El holandés sueña. La nostalgia hace estragos en el rostro de ese contramaestre silencioso que imagina naufragios adentro de botellas y que cuando los lobos gritan, responde. Pantaleón Piazolla, también llamado el holandés o el contramaestre, aspiró profundo el aire salado de la playa y caminó entre olladas de chupines. Saludó a uno de los pescadores con la mano, a otro apenas levantando la ceja, a un tercero con la sonrisa leve, y se ató la red a la cintura para internarse en el mar más allá de los rompientes. Un mechón de pelo rubio asomaba bajo su sombrero de paja. Era corpulento, los pies grandes y huesudos, las manos como mapas. Y ese estilo marinero de caminar pisando duro buscando tierra firme, meciendo el cuerpo. Había sido marinero y pescador desde los quince años, aunque ahora solo le quedaban las huellas de las sogas en las palmas de las manos y una profunda cicatriz en la mandíbula. El viento le torció la mirada. Recordó el cielo de Traini, tal y como lo había visto el día de su partida, más ancho y más azul a medida que se alejaba de la costa italiana. Fue probablemente un jueves. Era un hombre de memoria pudorosa, como casi todos los marinos, pero todos los jueves de julio, como ese jueves de lobos y de tristeza, Pantaleón (Piazolla) buscaba el mar y perdía el tiempo recordando… la muchacha griega de aquel puerto tan azul, las tempestades, los amigos, su pequeño barco, Altibarán, hundido en el Mediterráneo..."

O quinteto de Astor Piazzolla:
Pablo Sivler, piano.
Oscar López Ruiz, guitarra.
Héctor Console, contrabaixo.
Fernando Suárez Pan, violino.
Astor Piazzolla, bandoneón.



Libre difusión, con indicación de fonte documentaria (Pequeno Monstro) i enlace a este blog, grazas.

xoves, 29 de setembro de 2016

Diálogos 3 - Especial TALITHA MacKENZIE, álbum Solas

Talitha MacKenzie

Especial Diálogos 3, apresentado por Ramón Trecet, adicado ao álbum Sòlas de TALITHA MACKENZIE publicado no ano 1993. O programa foi emitido un domingo do ano 1994 en Radio 3 (RNE).

A cerca deTalitha MacKenzie:
"Talitha nace e crece na multicultural cidade de Nova Iorque, ficando cautivada polas cancións tradicionais de todo o mundo dende moi noviña. A idade de sete anos escoita por vez primeira unha canción gaélica. Foi durante a súa adolescencia cando comeza a recompilar gravazóns de campo do canto tradicional deste curioso estilo de música vocal. Tras varios anos de xira en solitario por América e de colaboracións vocais con bandas tradicionais, Talitha se traslada a Escocia en 1987, donde formará parte da popular agrupación de baile escocesa Drumalban".

"En 1988 co-funda o dúo Mouth Music, cuxo innovador álbum homónimo (con arranxos de música do mundo contemporáneo das cancions gaélicas tradicionais) chega a encabezar as listas da revista Billboard, recibindo eloxios da crítica internacional. Cando a outra metade do dúo Mouth Music abandoa o proxecto, Talitha pon en marcha, baixo similares premisas, un proxecto en solitario que daría os seus froitos en 1993 coa publicación do álbum Sòlas."

Sobre o álbum Sòlas:
"Publicado no ano 1993, recolle cancions gaélicas tradicionais e orixinais realizadas por Talitha MacKenzie, arranxadas e producidas por Iain McKinna, Chris Birkett e a propia Talitha".

(Info tirada e traducida de: http://talithamackenzie.com/biography)

Sobre o estilo "mouth music":
"A tradición gaélica fala de que a mouth music (ou puirt-a-beul) -é dicir, música de boca- é un estilo de canto en idioma galélico enfocado ao baile, melodías vocais que imitan a sonoridade dos propios instrumentos; a súa orixe pode estar na prohibición de certos instrumentos que se consideraban heréticos, ou nas etapas de fame nas que, en Escocia, houbo uhna prolongada ausencia de artesáns especializados na elaboración de ditos instrumentos. Dun xeito ou doutro, ista tradición foi rescatada e revitalizada en base a certas gravacións antigas, entidades e bandas coma a denominada así mesmo Mouth music, formada por Martin Swan e a propia Talitha Mackenzie...".

(Info tirada e traducida de: http://solsticiodeinvierno.blogspot.com.es/2008/11/talitha-mackenzie-slas-la-mayora-de.html). 
Sintonizamos...

 

Libre difusión, con indicación de fonte documentaria (Pequeno Monstro) i enlace a este blog, grazas.

martes, 20 de setembro de 2016

Diálogos 3 - Especial LA CONEXIÓN IRLANDESA.

Enya Brennan, Nightnoise, Therese Schroeder-Sheker & Liam O´Flynn

Resucitamos unha nova edición dos Especiais de Diálogos 3, que durante algunha tempada nos aledaban as fins de semana en Radio 3 (RNE), nos primeiros 90´s.

Especial "La Conexión Irlandesa" emitido (polo contexto do programa) entre ao ano 1990 e 1991. Neste programa Ramón Trecet fai una análise da andaina e sons de bandas como NIGHTNOISE ou solistas coma THERESE SCHROEDER-SHEKER ou ENYA BRENNAN, procurando conexións entre todas esas formas de entender a música tradicional con raigumes celticas.

Todos os programas que vou rescatando do meu arquivo son inéditos na rede, sendo a súa principal característica que foron emitidos orixinalmente en Radio 3 nos primeiros noventa e que, na maior parte dos casos, se trata de especiais adicados a selos discográficos, artistas ou estilos de músicas. Ista particularidade convírteos en documentos sonoros de obrigada escoita para termos datos do que estaba a acontecer dentro do que, daquela, chamaban "novas músicas", se ben ista denominación é bastante controvertida, pois certamente non se trata de nada novo, senón de reformulacións ou misturas de estilos, como acontece neste caso...  Sintonizamos.


Libre difusión, con indicación de fonte documentaria (Pequeno Monstro) i enlace a este blog, grazas.

mércores, 6 de xullo de 2016

Diálogos 3 - Especial INTERIOR (emisión: anos 90)


Rescatamos un extracto dunha das edicións especiais de DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] emitidas nos anos 90. Nesta ocasión, especial adicado a banda nipona INTERIOR, conducido por Ramón Trecet.

Este audio fai parte do conxunto de dous programas adicados no programa, nos primeiros noventa, a "nova música" xaponesa. A primeira das metades, adicada a YMO (Yelow Magic Orchestra) e a Ryuichi Sakamoto, atoparédela neste mesmo blogue.

INTERIOR foi un cuarteto de música electrónica xaponés, que realizaban un orixinal synth-pop, techno ou mesmo ambient. Editaron en 1982 o seu primeiro e homónimo álbum, ao través da conxunción dos selos independentes nipóns Yen Records e Alfa Records. Este primeiro traballo tivo unha reedición en occidente en 1985 ao través de Windham Hill Records.

Xa en 1987 apropia Windham Hill Records edita o seu segundo álbum de INTERIOR,titulado Design. Máis tarde, algunhas das composicións do cuarteto farían parte dalgúns dos recompilatorios do, por entón, selo de William Ackerman, así acontece no sampler editado en 1989.

A breve, agachada, mais sustanciosa produzón de INTERIOR estaba protagonizada por:
- Tsukasa Betto [percusións]
- Mitsuru Sawamura [saxofón e teclados]
- Eiki Nonaka [sintetizadores]
- Daisuke Hinata [sintetizadores e piano]

Canto a Alfa Records e Yen Records, pequenas compañías, de curta vida, pero cunha interesante produzón discográfica no Xapón dos oitenta, reseñamos:

Imaxe corporativa de Alfa Records
A compañía Alfa Records foi creada en 1969 polo compositor e produtor Kunihiko Murai. A mediados da década dos noventa acaba fechando o estudo de gravación da súa propiedade, o Shibaura Studio, donde, entre outras formacións, a YMO chegou a gravar varios discos.

Pola súa banda, Yen Records [¥EN], se encargaba da produzón física dos álbumes, dos artistas que gravaban no Shibaura Studio de Alfa Records. A súa actividade decorreu entre 1982 e 1985. Yen Records, estaba lliderada por Haroumi Hosono e Yukihiro Takahashi da Yellow Magic Orquestra [YMO]. A maioría dos albumnes que editaron foron producidos polos mencionados, Yukihiro e Hosono. Editaban principalmente música do Xapón e do xénero new wawe.

Sintonizamos. Tres da tarde, Diálogos 3. Especial banda nipona INTERIOR. Apresenta: Ramón Trecet.


+ info sobre Interior no estupendo blog: http://ixarano.blogspot.com.es/

Libre difusión, con indicación de fonte documentaria (Pequeno Monstro) i enlace a este blog, grazas.