mércores, 6 de xullo de 2016

Diálogos 3 - Especial INTERIOR (emisión: anos 90)


Rescatamos un extracto dunha das edicións especiais de DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] emitidas nos anos 90. Nesta ocasión, especial adicado a banda nipona INTERIOR, conducido por Ramón Trecet.

Este audio fai parte do conxunto de dous programas adicados no programa, nos primeiros noventa, a "nova música" xaponesa. A primeira das metades, adicada a YMO (Yelow Magic Orchestra) e a Ryuichi Sakamoto, atoparédela neste mesmo blogue.

INTERIOR foi un cuarteto de música electrónica xaponés, que realizaban un orixinal synth-pop, techno ou mesmo ambient. Editaron en 1982 o seu primeiro e homónimo álbum, ao través da conxunción dos selos independentes nipóns Yen Records e Alfa Records. Este primeiro traballo tivo unha reedición en occidente en 1985 ao través de Windham Hill Records.

Xa en 1987 apropia Windham Hill Records edita o seu segundo álbum de INTERIOR, o titulado Design. Máis tarde, algunhas das composicións do cuarteto farían parte dalgúns dos recompilatorios do, por entón, selo de William Ackerman, así acontece no sampler editado en 1989.

A breve, agachada, mais sustanciosa produzón de INTERIOR estaba protagonizada por:
- Tsukasa Betto [percusións]
- Mitsuru Sawamura [saxofón e teclados]
- Eiki Nonaka [sintetizadores]
- Daisuke Hinata [sintetizadores e piano]

Canto a Alfa Records e Yen Records, pequenas compañías, de curta vida, pero cunha interesante produzón discográfica no Xapón dos oitenta, reseñamos:

Imaxe corporativa de Alfa Records
A compañía Alfa Records foi creada en 1969 polo compositor e produtor Kunihiko Murai. A mediados da década dos noventa acaba fechando o estudo de gravación da súa propiedade, o Shibaura Studio, donde, entre outras formacións, a YMO chegou a gravar varios discos.

Pola súa banda, Yen Records [¥EN], se encargaba da produzón física dos álbumes, dos artistas que gravaban no Shibaura Studio de Alfa Records. A súa actividade decorreu entre 1982 e 1985. Yen Records, estaba lliderada por Haroumi Hosono e Yukihiro Takahashi da Yellow Magic Orquestra [YMO]. A maioría dos albumnes que editaron foron producidos polos mencionados, Yukihiro e Hosono. Editaban principalmente música do Xapón e do xénero new wawe.

Sintonizamos. Tres da tarde, Diálogos 3. Especial banda nipona INTERIOR. Apresenta: Ramón Trecet.


+ info sobre Interior no estupendo blog: http://ixarano.blogspot.com.es/

Libre difusión, con indicación de fonte documentaria (Pequeno Monstro) i enlace a este blog, grazas.