domingo, 27 de marzo de 2016

Diálogos 3 - ECM (Edition of Contemporary Music) - primeira metade (marzo 1992)

Manfred Eicher (ECM)

Primeiro dos programas especiais adicados ao selo alemán ECM [Edition of Contemporary Music], da serie Diálogos 3 [Rádio 3-RNE] que inauguramos a semana pasada neste blog.

O programa que rescatamos hoxe responde ao primeiro dunha serie de dous que Ramón Trecet adicou ao selo alemán de nova música, ECM. Lembro que durante algunha grella radiofónica, Trecet, realizaba programas os sábados e domingos, donde aproveitaba para deterse na biografía dos músicos que soaban de luns a venres ou, mesmo, en selos discográficos coma ECM. Calquera outra lembranza ou emenda é benvida como comentario a esta entrada.

Neste primeiro programa, RamónTrecet conta como un proxecto de distribución de músicas por correio postal chamado Jazz by Post, se transforma a finais da década dos sesenta nunha discográfica capitaneada por Manfred Eicher, ECM, na que gravarían as súas produzóns artistas que non se acomodaban a ningunha etiqueta convencional.

Jazz, world music, contemporánea, clásica, son xéneros que atopamos pinceladas en cada un dos artistas do catálogo de Múnich ECM, resultando unha "nova música" de corte Europeo que unida ao deseño artístico das portadas conforman a personalidade única deste intersante selo alemá. De feito, as audaciais musicais, ou mesmo visuais [artísticos deseños das carpetas] do catálogo ECM, foron máis tarde emuladas por outros selos con maior ou peor fortuna, coma CODA Records, Narada, Innovative Communications ou, o caso máis evidente, Windham Hill.

Selección musical deste programa especial:
  •  PAT METHENY [New Chautauqua, 1979]
  •  CHICK COREA & RETURN TO FOREVER [Return to Forever, 1972]
  •  RALPH TOWNER con Jan Garbarak, Eberhard Weber & Jon Crhistensen [Solstice, 1977]
  •  MEREDITH MONK [Dolmen Music for 6 voices, 1979]
Fechamos os ollos e sintonizamos. Fin de semana do mes de marzo de 1992, tres da tarde, Radio 3, Ramón Trecet, Diálogos 3...



sábado, 26 de marzo de 2016

Diálogos 3 - Especiais DEAD CAN DANCE (primavera, 1994)

Brendan Perry & Lisa Gerrad (Dead Can Dance)

Dous novos especiais de Diálogos 3 rescatados do arquivo sonoro de o Pequeno Monstro, nesta ocasión adicados a formación Dead Can Dance conformada por Lisa Gerrad [Australia, 1961] e Brendan Perry [Londres, 1959].

Dead Can Dance ficha en 1984 pola discográfica de londinense 4AD na que graban un primeiro album homónimo e no que colaboran outras banda do mítico selo underground, coma This Mortal Coil.

En 1985, publican o seu segundo album, Speen and Ideal, que os catapulta coma banda de "culto" e sitúa nos primeiros postos das listas do Reino Unido. En 1986 chegaría o seu terceiro traballo, Within the Realm of a Dying Sun.

Xa en 1988 o seu cuarto, The Serpent´s Egg. Ademáis, ese mesmo ano escriben temas para o filme El Niño de la Luna [Agustín Villaronga], donde a propia Lisa Gerrad debuta coma atriz. En 1990 publican Aion, o quinto traballo, que os leva de xira a América. O ano 1992 fan o propio co famoso recompilatorio A Passage in Time

Xa no ano 1993 participan na banda sonora do impactante filme documental Baraka [Ron Fricke] e editan Into the Labyrinth, traballo co que conqueren o maior éxito. Unha macroxira americana e europea fica rexistrada no album e filme Toward the Within.

O último traballo como Dead Can Dance foi publicado en 1996 baixo o título de Spiritchaser. Tanto Lisa coma Brendan publican sendos traballos en solitario: The Mirror Pool [1995] e The Eye of the Hunter [2000], respeitivamente.

No primeiro dos programas especiais que Ramón Trecet adicou a este ecléctico dúo, analisa os primeiros traballos. No segundo, realiza unha transcripción radiofónica dunha entrevista realizada ao dúo en outubro do ano 1993. Cada gravación ten uns duración aproximada de 23 m, o que quer dicer que os programas non están completos, mais non deixan de ser documentos de grande interés. A emisión destes espazos en Radio 3 (RNE) datan da primavera de 1994.

Sintonizamos, tres da tarde, Radio 3, Dialogos 3, Ramón Trecet...
Nota: este enlace contén ambos audios encadeados.


mércores, 23 de marzo de 2016

Diálogos 3 - SUZANNE CIANI - History of my Heart (emisión: dec. 1989)

Suzanne Ciani, pioneira

Segunda das entregas da serie Diálogos 3 [Radio 3-RNE]. Nesta ocasión Ramón Trecet analisa tema a tema o, daquela, novo album de Suzanne Ciani, History of my Heart. Traballo no que colabora nalgunha das pezas o estupendo violinista Steve Kindler.

Ciani realiza unha música simples pero carregada de beleza, pese ao que puidera parecer, "la Ciani" [como a chamaba Trecet] non era unha recén chegada, nen unha ilusa: "trala súa graduazón no Wellsley College, Ciani se trasladou á Universidade de Berkeley na que seguíu a estudar composición. Durante este periodo, finais dos anos 60, coñeceu a tres dos fundadores da música electrónica: John Chowning, Max Matthews e Don Buchla. Daquela comezou a traballar para Buchla soldando sintetizadores. Adicou os seguintes dez anos da súa vida a explorar as posibilidades deste instrumento, que ela mesma construíu con diversas pezas que foi adquirindo..." (Wikipedia).

Sintonizamos, un día do mes de decembro de 1989, tres da tarde, Radio 3...

Libre difusión con referencia á fonte documental. Obrigado.
Fonte documental: aquivo sonoro do Pequeno Monstro (http://dialogos3radio3.blogspot.com)



martes, 22 de marzo de 2016

Diálogos 3 - Entrevista a LITO VITALE (emisión: 10/01/1990)

Lito Vitale Cuarteto

Con esta entrada comezo unha serie de programas donde postearei edicións do mítico programa Diálogos 3 [Radio 3-RNE], presentado e dirixido por Ramón Trecet. As gravacións orixinais proceden de cintas de casetes que eu mesmo rexistrei naqueles anos. Unha vez dixitalizadas, as subirei á Archive.org, Ivoox e, por último, as enlazarei neste blog acompañadas dunha pequena entrada.

Non hai certeza de que estes programas estean no arquivo sonoro de RNE, aló menos non están ao dispór de todo o mundo no podcast deste programa na web de Radio 3.

Na primeira entrada desta serie escoitaremos unha entrevista ao músico arxentino Lito Vitale, que daquela contaba con 23 anos e viña de publicar o seu album La Senda Infinita coa participación creativa do cuarteto que o levou ao éxito. O programa está repleto de intervencións telefónicas dos ouvintes e foi realizado un 10 de xaneiro de 1990, como era habitual, as 3 da tarde...

Libre difusión con referencia á fonte documental. Obrigado.
Fonte documental
: aquivo sonoro do Pequeno Monstro (http://dialogos3radio3.blogspot.com)