Amosando publicacións coa etiqueta Windham Hill. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Windham Hill. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de abril de 2016

Diálogos 3 - Especial MARK ISHAM (06/08/1991)

Mark Isham

Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, un programa monográfico emitido o 6 de agosto de 1991 en Radio 3 [RNE], adicado ao trompetista, pianista e produtor MARK ISHAM, apresentado por Lara López.

A fonte, como sempre, unha vella cita de casete no arquivo sonoro do Pequeno Monstro.

MARK ISHAM, nace un 7 de setembro de 1951 en Nova Iorque. Na súa adolescencia xuntábase cos seus amigos nos garaxes das súas moradas para fazer músicas. Entre eles estaban, Terry Bozzio, Peter Maunu e Patrick O´Hearn.

Ao cumprir 20 anos comeza a estudar programación de música electrónica, aínda que mantén a trompeta coma instrumento principal na súa carreira coma compositor.

Traballos por el asinados, coma Vapor Drawings, Castalia ou Tibet foron nominados aos premios Grammy. Ademáis foi galardonado nos Emmy e candidato aos Globos de Oro e Oscar. De feito, Mark Isham é actualmente un dos tres compositores de BSO de filmes máis recoñecidos, xunto a Ennio Morricone e John Williams.

No seu haber están máis dun cento de músicas para filmes. A banda sonora de
The Moderns [Alan Rudolph, 1988] ou mesmo a sinfonía eletrónico-tribal para o video Tibet, editada por Windham Hill en 1990 (casa discográfica na que Isham editou parte da súa musica), son parte da súa produzón.

ISHAM ten colaborado coma músico de sesión, en traballos doutros artistas: Tanita Tikaram, Suzanne Vega, Art Lande, Taj Mahal, Van Morrison, Joni Mitchell ou, os mesmísimos, Rolling Stones.

Neste especial de DIALOGOS 3, apresentado nesta ocasión por Lara López, escoitaremos un repaso a sua biografía coma músico, parte da súa obra, así coma a súa participación creativa en traballos doutros artistas, por esta orde:

  • Patrick O´Hearn [Rivers Gonna Rise, 1988]
  • Peter Maunu [Warm Sound in a Gray Field, 1990]
  • Mark Isham [BSO Country, 1984 - traballo colectivo]
  • Mark Isham [BOS The Moderns, 1988]
  • Mark Isham [Castalia, 1988]
  • Rubaja & Hernández [High Plateux, 1987] - Isham, produtor.
  • Mark Isham [BSO Tibet, 1990]
  • Mark Isham [BSO Songs my ChildrenTaught me, 1991]

Sintonizamos.
Dirixe: Ramón Trecet. Apresenta: Lara López.


martes, 29 de marzo de 2016

Diálogos 3 - Especial NIGHTNOISE (07/08/1991)

Nightnoise

Seguimos a rescatar do arquivo do "Pequeno Monstro" algunhas das máis míticas edicións do programa DIÁLOGOS 3 [Radio 3], apresentado e dirixido por Ramón Trecet.

Nesta ocasión un interesante especial fin de semana, adicado a biografía da banda de folk-cámara NIGHTNOISE, emitido o 07/08/1991.

Nightnoise foron unha banda cuxo orixe está no ano 1984, cando o violinista estadounidense Billy Oskay e o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, publican na compañía estadounidense Windham Hill, un disco titulado precisamente así, Nightnoise.


Tres anos despois, 1987, Tríona Ní Dhomnaill [irmá de Míchaél] e o flautista irlandés-estadonidense Brian Dunning, se unen aquel dúo, resultando a primeira formación que adopta o nome daquel estupendo primeiro disco:
Nightnoise. O primeiro álbum, coma cuarteto Nightnoise, foi Something of Time [Windham Hill, 1987].

Desde o meu parecer, eses dous albumes son os mellores publicados pola formación. Música folk, de cámara, antigua e, sobre todo, maxia, conflúen nestas dúas alfaias sonoras dos oitenta.

A estes dous traballos lles seguen
At the End of the Evening [1988], The Parting Tide [1990] e o recompilatorio A Windham Hill Retrospective [1992]. Precisamente neste álbum, Oskay abandona a banda que é sustituido polo violinista escocés Johnny Cunningham. Con esta nova formación publican: Shadow of Time [1994], A Different Shore [1995] e The White Horse Sessions [1997]. Coincidindo con ese último lanzamento, Cunningham abandona a banda sendo substituido polo violinista irlandés John Fitzpatrick.

Nightnoise disólvense oficialmente a finais de 2003 cando, aos 46 años anos, o violinista
Cunningham falece dun ataque al corazón. Xa en xullo de 2006, un dos seus fundadores,o guitarrista irlandés Mícheál Ó Domhnaill, morre na súa casa de Dublín, por causas das que non existe demasiada información, agás que ses tratou dun accidente doméstico.


Sintonizamos. Tres da tarde, Radio 3, Dialogos 3, Ramón Trecet...