luns, 20 de marzo de 2017

Diálogos 3 - Especial Luis Delgado (24/10/1989)

Luis Delgado

Restacamos estoutra edición histórica de Diálogos 3 (Radio 3-RNE) concucida por Ramón Trecet e realizada o 24 de outubro de 1989.

No transcurso do programa Ramón conversa con Luis Delgado nas horas previas ao seu concerto dentro do festival `Encuentros de Nueva Música´ de Sevilla, un clásico daqueles anos. O Teatro Lope de Vega sería o marco daquel evento, tras unha complicada montaxe técnica para o directo de `Alquibla´, serie documental dirixida por Rafael Carratalá con guión de Juan Goytisolo que divulga cultura árabe que naquela altura emitía TVE. Naquel concerto de Sevilla, acompañando a Luis Delgado no cenario, estiveron: Begoña Olavide, Cuco Pérez, Javier Bergia e Carlos Paniagua (da saga Paniagua). Neste enlace podes ler unha crónica do acontecido.

Os diálogos que teñen lugar durante o programa entre Trecet, Luis Delgado e ouvintes,  poñen de manifesto a pouca importancia coa que Trecet daba a músicos como Luis Delgado e a iniciativas tan interesantes (i heróicas) como o seu selo discográfico `El Cometa de Madrid´ (La Orquesta de las Nubes, Patricia Escudero, Enrique Mateu, Macias, Ishinohana, Mecánica Popular, Luis Paniagua...). Hoxendía as referencias de `El Cometa´ son moi valoradas e procuradas por coleccionistas de todo o mundo. 

O certo é que, transcorridos 28 anos da emisión deste espazo, Luis Delgado segue a ser un dos músicos máis interesantes que teñan xurdido no Estado español. Integrante ou fundador de bandas coma Imán Califato Independiente (rock sinfónico), de formacións de música antiga (das tres culturas) coma Atrium Musicae, Música Antigua, Ibn Baya, Cálamus ou Babia; de floc coma La Musgaña; de corte experimental coma Mecánica Popular, Ishinohana... sen esquecer as súas aventuras en solitario (Vathek). Ademáis, Luis Delgado é produtor e asesor musical para Planetarios, compositor de bandas sonoras para filmes, documentarios, teatro, ballet, e posuidor dunha das máis completas coleccións de instrumentos que poden verse no seu propio museu, o `Museo de la Música, Colección Luis Delgado´ na localidade vallisoletana de Urueña.

Disfrutade da interesante gravación...


Libre difusión, con indicación de fonte documentaria (Pequeno Monstro) i enlace a este blog, grazas.

Outras referencias a Luis Delgado: aquí.

1 comentario:

Gracias por tus comenarios!!