mércores, 6 de xullo de 2016

Diálogos 3 - Especial INTERIOR (emisión: anos 90)


Rescatamos un extracto dunha das edicións especiais de DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] emitidas nos anos 90. Nesta ocasión, especial adicado a banda nipona INTERIOR, conducido por Ramón Trecet.

Este audio fai parte do conxunto de dous programas adicados no programa, nos primeiros noventa, a "nova música" xaponesa. A primeira das metades, adicada a YMO (Yelow Magic Orchestra) e a Ryuichi Sakamoto, atoparédela neste mesmo blogue.

INTERIOR foi un cuarteto de música electrónica xaponés, que realizaban un orixinal synth-pop, techno ou mesmo ambient. Editaron en 1982 o seu primeiro e homónimo álbum, ao través da conxunción dos selos independentes nipóns Yen Records e Alfa Records. Este primeiro traballo tivo unha reedición en occidente en 1985 ao través de Windham Hill Records.

Xa en 1987 apropia Windham Hill Records edita o seu segundo álbum de INTERIOR,titulado Design. Máis tarde, algunhas das composicións do cuarteto farían parte dalgúns dos recompilatorios do, por entón, selo de William Ackerman, así acontece no sampler editado en 1989.

A breve, agachada, mais sustanciosa produzón de INTERIOR estaba protagonizada por:
- Tsukasa Betto [percusións]
- Mitsuru Sawamura [saxofón e teclados]
- Eiki Nonaka [sintetizadores]
- Daisuke Hinata [sintetizadores e piano]

Canto a Alfa Records e Yen Records, pequenas compañías, de curta vida, pero cunha interesante produzón discográfica no Xapón dos oitenta, reseñamos:

Imaxe corporativa de Alfa Records
A compañía Alfa Records foi creada en 1969 polo compositor e produtor Kunihiko Murai. A mediados da década dos noventa acaba fechando o estudo de gravación da súa propiedade, o Shibaura Studio, donde, entre outras formacións, a YMO chegou a gravar varios discos.

Pola súa banda, Yen Records [¥EN], se encargaba da produzón física dos álbumes, dos artistas que gravaban no Shibaura Studio de Alfa Records. A súa actividade decorreu entre 1982 e 1985. Yen Records, estaba lliderada por Haroumi Hosono e Yukihiro Takahashi da Yellow Magic Orquestra [YMO]. A maioría dos albumnes que editaron foron producidos polos mencionados, Yukihiro e Hosono. Editaban principalmente música do Xapón e do xénero new wawe.

Sintonizamos. Tres da tarde, Diálogos 3. Especial banda nipona INTERIOR. Apresenta: Ramón Trecet.


+ info sobre Interior no estupendo blog: http://ixarano.blogspot.com.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por tus comenarios!!