martes 20 setembro 2016

Diálogos 3 - Especial LA CONEXIÓN IRLANDESA.

Enya Brennan, Nightnoise, Therese Schroeder-Sheker & Liam O´Flynn

Resucitamos unha nova edición dos Especiais de Diálogos 3, que durante algunha tempada nos aledaban as fins de semana en Radio 3 (RNE), nos primeiros 90´s.

Especial "La Conexión Irlandesa" emitido (polo contexto do programa) entre ao ano 1990 e 1991. Neste programa Ramón Trecet fai una análise da andaina e sons de bandas como NIGHTNOISE ou solistas coma THERESE SCHROEDER-SHEKER ou ENYA BRENNAN, procurando conexións entre todas esas formas de entender a música tradicional con raigumes celticas.

Todos os programas que vou rescatando do meu arquivo son inéditos na rede, sendo a súa principal característica que foron emitidos orixinalmente en Radio 3 nos primeiros noventa e que, na maior parte dos casos, se trata de especiais adicados a selos discográficos, artistas ou estilos de músicas. Ista particularidade convírteos en documentos sonoros de obrigada escoita para termos datos do que estaba a acontecer dentro do que, daquela, chamaban "novas músicas", se ben ista denominación é bastante controvertida, pois certamente non se trata de nada novo, senón de reformulacións ou misturas de estilos, como acontece neste caso...  Sintonizamos.


Fonte: arquivo sonoro de o Pequeno Monstro 

mércores 06 xullo 2016

Diálogos 3 - Especial INTERIOR (emisión: anos 90)


Rescatamos un extracto dunha das edicións especiais de DIÁLOGOS 3 [Radio 3-RNE] emitidas nos anos 90. Nesta ocasión, especial adicado a banda nipona INTERIOR, conducido por Ramón Trecet.

Este audio fai parte do conxunto de dous programas adicados no programa, nos primeiros noventa, a "nova música" xaponesa. A primeira das metades, adicada a YMO (Yelow Magic Orchestra) e a Ryuichi Sakamoto, atoparédela neste mesmo blogue.

INTERIOR foi un cuarteto de música electrónica xaponés, que realizaban un orixinal synth-pop, techno ou mesmo ambient. Editaron en 1982 o seu primeiro e homónimo álbum, ao través da conxunción dos selos independentes nipóns Yen Records e Alfa Records. Este primeiro traballo tivo unha reedición en occidente en 1985 ao través de Windham Hill Records.

Xa en 1987 apropia Windham Hill Records edita o seu segundo álbum de INTERIOR,titulado Design. Máis tarde, algunhas das composicións do cuarteto farían parte dalgúns dos recompilatorios do, por entón, selo de William Ackerman, así acontece no sampler editado en 1989.

A breve, agachada, mais sustanciosa produzón de INTERIOR estaba protagonizada por:
- Tsukasa Betto [percusións]
- Mitsuru Sawamura [saxofón e teclados]
- Eiki Nonaka [sintetizadores]
- Daisuke Hinata [sintetizadores e piano]

Canto a Alfa Records e Yen Records, pequenas compañías, de curta vida, pero cunha interesante produzón discográfica no Xapón dos oitenta, reseñamos:

Imaxe corporativa de Alfa Records
A compañía Alfa Records foi creada en 1969 polo compositor e produtor Kunihiko Murai. A mediados da década dos noventa acaba fechando o estudo de gravación da súa propiedade, o Shibaura Studio, donde, entre outras formacións, a YMO chegou a gravar varios discos.

Pola súa banda, Yen Records [¥EN], se encargaba da produzón física dos álbumes, dos artistas que gravaban no Shibaura Studio de Alfa Records. A súa actividade decorreu entre 1982 e 1985. Yen Records, estaba lliderada por Haroumi Hosono e Yukihiro Takahashi da Yellow Magic Orquestra [YMO]. A maioría dos albumnes que editaron foron producidos polos mencionados, Yukihiro e Hosono. Editaban principalmente música do Xapón e do xénero new wawe.

Sintonizamos. Tres da tarde, Diálogos 3. Especial banda nipona INTERIOR. Apresenta: Ramón Trecet.


+ info sobre Interior no estupendo blog: http://ixarano.blogspot.com.es/

venres 06 maio 2016

Diálogos 3 - Yellow Magic Orquestra (YMO)


Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, un monográfico emitido nos primeiros noventa en Radio 3 [RNE] adicado a banda nipona YELLOW MAGIC ORCHESTRA [YMO] e o músico RYUICHI SAKAMOTO, apresenta Lara López. A fonte: unha vella cinta de casete no arquivo sonoro de o Pequeno Monstro que agora dixitalizamos e compartillamos.

Formados en Tokio [Xapón] no 1977 coma Yellow Magic Band pronto cambiarían o seu nome polo de Yellow Magic Orchestra [YMO]. Son considerados os Kraftwerk orientais, coma os alemáns, pioneiros na popularización da música electrónica e moi influíntes no cenario musical do momento e, como veremos, do futuro. Axudaron a desenvolver o synthpop e o ambient, anticipando os ritmos e sons de xéneros coma o electro, ou mesmo a estabelecer as bases do japanese-pop contemporáneo, así como influerciar a música house, techno e de movimentos coma o hip-hop.

A YMO naceu conformada por Haorumi Hosono [multinstrumentista], Ryuichi Sakamoto [teclados], Yukihiro Takahashi [percusión] e Hideki Matsutake [programador de secuencias], os catro interesados na música electrónica. En 1978 debutan discográficamente en Xapón cun álbum homónimo. O éxito do seguinte álbum, Solid State Survivor [1979] lévaos de xira por USA. Xa en 1980 realizan unha xira por Europa, década na que editaron numerosos álbumes e recompilatorios. 

Cada un dos integrantes da YMO ten realizados traballos en solitario e colaborado con artistas da cualidade de: David Sylvian e Steve Jansen [da banda Japan], Andy Mckay e Phil Manzanera [Roxy Music] o senegalés Youssou N´Dour, mesmo colaboracións con bandas coma 808 State ou The Orb, entre outras.

Yellow Magic Orquestra
Un dos seus máis intrépidos integrantes, Ryuichi Sakamoto, nos primeiros setenta experimentaba coa equipa de música electrónica da Universidade Nacional de Belas Artes e Música de Tokio, traballando cos primeiros sintetizadores: os míticos Buchla, Moog e o ARP. Nos oitenta apareceu coma actor xunto a David Bowie no filme "Feliz Nadal, Mr. Lawrence" [1983, Nagisa Oshima], ademáis de escribir a súa BSO. En 1987 gaña un Oscar pola composición parcial da BSO de "O Ultimo Emperador" [Bernardo Bertolucci]. En 1989 compón a BSO do filme "O ceo protector", tambén de Bertolucci. En 1992, compón a música dos Xogos Olímpicos de Barcelona.

Sakamoto é ademáis coñecido por ser contrario as actuais leis de propiedade intelectual, pola súa conciencia ecolóxica e por ser fundador e colaborador do AP Bank [Artist Power Bank], unha ONG que outorga microcréditos sen intereses a pequenos empresarios para que financien os seus proxectos innovadores [reciclaxe industrial, transporte non contaminante...].

Cara o ano 1984, cada un dos membros da Yellow Magic Orquestra [YMO] céntrase en proxectos en solitario. Xa no ano 2000, xurde a banda paralela Sketch Show, resultado da alianza dos membros orixinais da banda, Hosono e Takahashi, formación que pasaría a chamarse Human Audio Sponge. En agosto de 2007, unha nova "alianza" entre Hosono, Takahashi e Sakamoto da lugar á banda HASYMO. Xa no ano 2009, retoman a denominación orixinal, YMO, coa que se manteñen activos até hoxe, xa sen a presenza de Matsutake.

En definitiva, a marabillosa aventura dunha banda nipóna auténtica, moi influinte na nova música do momento e de décadas posteriores. Facendo un chiscadelo a aquel avanzado álbum que editaron en 1983, unha formación que sen dúbida figura en letras douradas da Enciclopedia Musical Ilustrada da nosa era.

Sintonizamos, primeiros anos noventa, tres da tarde, Diálogos 3, Radio 3 [RNE]. Especial YMO & Ryuichi Sakamoto. Apresenta: Lara López.


Texto: adaptación do Pequeno Monstro.
Fontes información: http://stereofilia.blogspot.com.es, http://elviajesonico.blogspot.com.eshttp://www.neuquenelectronica.com.ar e http://es.wikipedia.org/wiki/Ry%C5%ABichi_Sakamoto

domingo 24 abril 2016

Diálogos 3 - Earth Requiem (Stories of Hope) EUGENE FRIESEN (emisión:1993)

Eugene Friesen

Seguimos a dixitalizar edicións de DIÁLOGOS 3 [Rádio 3-RNE], apresentadas e dirixidas por Ramón Trecet.

Nesta ocasión especial audución da misa Earth Requiem [Stories of Hope], composta polo violonchelista do Paul Winter Consort, EUGENE FRIESEN, gravada no ano 1992, mais nunca comercializada.

Esta gravación foi efectuada en directo nunha pequena igrexa de Durham en Carolina do Norde [EE.UU] no ano 1992, sendo actualmente inédita discograficamente. No transcorrer do programa, Ramón Trecet comenta que esta gravación lle foi achegada polo propio Friesen en formato cinta, ao pouco tempo de ser gravada.

Nesta audición ouvirems ao propio Eugene Friesen no violoncelo, acompañado polo coro habitual da Catedral St. John the Divine [NYC] dirixido por Paul Halley quen tamén toca o piano, ademáis de Glen Vélez á percusón e outros músicos habituais do Paul Winter Consort.

Eugene Friesen naceu en 1952. Graduado na Yale School of Music, forma parte do Paul Winter Consort dende o ano 1978. Ademáis é parte da formación Trio Globo, xunto a Howard Levy e Glen Vélez; por outra banda, é profesor asociado do Berklee College of Music en Boston, Massachusetts. Actualmente vive en Vermont coa súa dona, Wendy, e o seu fillo.

Eugene Friesen, xunto a súa dona, é propietario dunha produtora sen ánimo de lucro, Sonoterra Productions.

Ademáis da súa participación creativa en moitos dos trabalos do Paul Winter Consort, a produción musical de Eugene Friesen, en solitario ou a xeito de colaboracións, é a que segue:

En solitario:
  •  Arms Around You [Living Music, 1989]
  •  The Song of Rivers [Fiddle Talk Music, 1998]
  •  In the Shade of Angels [Fiddle Talk Music, 2003]
  •  Sono Miho [Fiddle Talk Music, 2005]
  •  Pure Water, Potry of Rumi con Coleman Barks [Fiddle Talk Music], 2008]
  •  Colorful Trasitions, 2009
Co pianista Paul Halley:
  •  New Friend [Living Music, 1986]
Coa banda de "metal" Dream Theater:
  •  Vacant [Dream Theater´s Train of Thought, 2003]
Sintonizamos. Ano 1993, Radio 3, Diálogos 3. Conduce: Ramón Trecet. Misa Earth Requiem [Stories of Hope] composta no ano 1992 por Eugene Friesen, gravada tal e como ouviredes neste audio, mais, nunca publicada discográficamente.